22/3/09

19º PASO: FLICKR

19ª PRÁCTICA

Agora imos con Flickr, outro aloxador de imaxes con servizo de almacenamento, organización, publicación e de compartir fotos.

  • Para comezar, debemos crear unha conta de correo en Yahoo -se non a temos- e cubrir os formularios correspondentes:

  • Dende a páxina seguinte xa poderías entrar en Flickr:

  • Elixes a opción de Subir fotos:

Pódense elexir máis de un arquivo á vez. As imaxes recomendables son de 800 por 600 píxeles.
  • Subimos as fotos e se inicia o proceso de cargado ata que se nos avisa de que finalizou:
  • Aparcen as imaxes. Hai a posibilidade de describir, etiquetar, comentar... crear álbum...:

Dámoslle a Guardar.

  • Imos á nosa Galería e, pulsando en algunha das imaxes comprobamos que podemos navegar por todas dende o menú da barra lateral.:

  • Agora o que nos interesa é ir a Organizar:

Organizamos como queiramos, simplemente con arrastrar ó área indicada.

  • As imaxes xa están colgadas na rede. Para volver a vista normal pulsamos en Tu galería:

  • Como queremos publicalas no blog, localizamos -na parte inferior- unha opción que di Herramientas e facemos clic:

  • Aparece esta ventá e buscamos ¿Dónde está el módulo?:

Hai máis opcións de publicación no blog. Nós, como estamos iniciándonos e por simplificalas cousiñas, faremo-la nosa publicación nun gadget que integre código HTML do menú secundario.
  • Só nos queda segui-los 4 pasos para conseguir o código, en función da opción que escollamos:




  • Por último, copiaríamos o código e o levaríamos o gadget HTML correspondente no noso blog.

Intentade realiza-la práctica correspondente. Lembrade traer fotos para subir.

0 comentarios:

Publicar un comentario