21/3/09

18º PASO: PICASSA

18ª PRÁCTICA

Imos coñecer posibilidades e funcionamento de Picassa Web Álbum, un aloxador de imaxes. Serve para compartir, etiquetar e comentar fotos. E incluso edita-las vía Web.

  • Para ter o nosos espacio en Picassa debemos ingresar coa nosa conta de Gmail. Pica na seguinte imaxe:

Cubrimos os datos e continuaríamos o proceso. Observamos que temos unha carpeta creada. Son imaxes que temos cargadas no noso blog de Blogger.

Picassa dispón de dous productos: xestor de imaxes que se tería que descargar no noso ordenador (onde pon Descargar Picassa) e que nos axudaría a organizar, editar e compartir fotos e, a outra opción -na que imos traballar- que é Picassa Web Álbum.

  • Aparecería unha imaxe similar. Picamos en Subir:

  • Neste caso, como imos crear un álbum novo, facemos clic en Crea uno nuevo.

  • Se nos abre esta ventá para completar os datos que queremos, as distintas opcións. Seleccionamos e Continuar:

A primeira vez que se suben imaxes nos ofrece a opción de instalar un control de subida, que resulta moi cómodo para usar. Tamén podemos empregar o cargador básico.

  • Dámoslle a Añadir fotos:

  • Unha vez que suben xa nos aparece o álbum creado coas opcións elexidas con anterioridade:

  • Poderíamos elexir unha determinada imaxe como tapa ou decidir outras opcións:

  • Picamos na opción de Enlazar a este álbum:

  • Eleximos unha opción, dámoslle a Copiar e levamos o código Html ó noso blog para publicar:

  • Se nos decidimos por Embed Slide saldría unha presentación en movemento:


0 comentarios:

Publicar un comentario