14/3/09

17º PASO: MÁIS FERRAMENTAS

17ª PRÁCTICA

  • Para manexo de documentos:
Outro xeito de compartir documentos PDF sería utilizar a ferramenta ISSUU.


Trátase dun arquivo Web 2.0 que convirte documentos PDF a Flash, proporcionándolles unha apariencia de revista virtual. Son visualizados como si se tratase dunha revista real, con distintas opcións: zoom, paso de páxinas, pantalla completa… Desta maneira, conseguimos obter unha vista previa, sen ter que descargar o arquivo innecesariamente.

Ollade o seguinte documento -como exemplo- sobre Crear Actividades en PDI publicado en Issuu:

Tamén dispoñemos doutras ferramentas como Scribd, ZohoShare...


  • Para xogar con imaxes ou efectos:


Como práctica, podemos intentar traballar con algunha destas ferramentas de publicación.

0 comentarios:

Publicar un comentario