25/2/09

16º PASO: PUBLICANDO EN SLIDESHARE

16ª PRÁCTICA

Trátase dunha ferramenta gratuíta onde calquera pode enviar presentacións Powerpoint ou Openoffice que, logo de mandalas, quedan almacendas en formato Flash para ser visualizadas online. Serve para compartir presentacións en rede ou incrustalas nos nosos blogs. Segue a mesma filosofía que Youtube inda que, en lugar de compartir vídeos, comparte os formatos mencionados con anterioridade.

Para realiza-la publicación temos que seguir os pasos indicados:

  • Seleccionar presentación que queremos publicar:

  • Definir características, opcións... e, publicar:

  • Se nos avisa de que xa está:

  • Comprobamos que así é dámoslle doble clic:

  • Aparecen diversas opcións. Agora nos interesa copiar o embed para poder incrusta-lo no blog:

  • Levamos o embed ó noso blog e xa está rematado.

Por si non quedou clariño vai un titorial explicativo:

Agora intentade realiza-la correspondente práctica.

0 comentarios:

Publicar un comentario