15/2/09

14º PASO: JCLIC

14ª PRÁCTICA
Trataremos de incrustar unha actividade interactiva como é JCLIC. Precisamos utilizar a etiqueta HTML correspondente que nos permitirá introducir un arquivo HTML noutro con forma de marco, denominado iframe. O arquivo que ten o exercicio interactivo gardarase noutro servidor web, incrustándose enlazado no artigo que imos publicar, dando a impresión de que non parece de fóra.
A aplicación coa que se elabora unha actividade de JClic crea un arquivo HTML cun código moi complexo que impide a posibilidade de incrustala sen enlazala coa etiqueta iframe. Para incluir actividades e exercicios interactivos temos que contar cun servidor externo onde gardar estes arquivos HTML.
Imos ver cómo incorporamos unha actividade de JClic:
  • Temos que buscar Jclic:
  • Facemos clic en Búsqueda:


  • Establecemos un criterio de búsqueda, en función das opcións dispoñibles:



  • Aparece esta pantalla. Eleximos, na parte inferior, Verlo (Applet):

  • Ábrese unha ventá emerxente. Fixámonos e copiamos a dirección que figura na parte superior:

  • Metemos esa dirección URL na etiqueta iframe, do seguinte xeito:

As cifras que están en roxo pódense modificar para que se axeiten a nosa plantilla de blogger.
  • E, agora, copiamos todo -etiqueta con dirección incrustada- e pegamos na entrada en HTML. Logo comprobamos que funciona.
MOI IMPORTANTE:

Non se pode separar a liña que contén a ruta completa do arquivo, por moi longa que sexa. Temos que ter instalado no ordenador o programa Java para poder ver a actividade.

0 comentarios:

Publicar un comentario