8/2/09

12º PASO: "XOGANDO CO SON"

12º PRÁCTICA
Agora toca de xogar co son. Trataremos de incorporar algunha canción ou un pequeno fragmento auditivo no noso blog, como proba, como experiencia, como pequeno contacto co son e como efecto especial...
Traballamos cunha ferramenta sinxela: goear:

  • Entramos na súa páxina e rexistrámonos, seguindo os pasos indicados:

Observamos como vai cambiando o menú. Establecemos búsqueda.

  • Podemos definir canción ou artista e dámoslle a buscar:
  • Facemos clic na que nos interesa e copiamos código:


  • Levamos o código copiado ó noso blog, lembrando que, si eleximos publicar nunha entrada temos que pegalo en edición Html e, si eleximos gadget o mesmo. Así nos quedaría:


Agora, traballaremos con outra ferramenta que está indicada para incorporar son a textos, para empregar a conveniencia: sonowebs.

  • Entramos na súa páxina e seguimos os pasos indicados:



Eleximos blogger e xeneramos audio.

  • Escribímo-lo texto que queremos transformar en audio e obtemos o seu código:

  • Tras copia-lo código, incorporámolo ó nosos blog e publicamos. Pode ser nunha entrada ou nun gadget:

Tratade de face-la práctica. Aporta variedade de recursos.

0 comentarios:

Publicar un comentario