1/2/09

11º PASO: "GADGETEANDO MÁIS"

11ª PRÁCTICA
Trataremos de ir explorando novas opcións que ofrecen os gadgets, á vontade, necesidade ou gusto de cada quen...
  • Vimos algunhas posibilidades de engadir informacións ó noso blog mediante o uso dos gadgets que conforman o menú lateral. Lembrar que hai plantillas que traen incorporados xa algún deles. Temos que ir a Diseño.
  • Existen moitos gadgets. Non tendes máis que abrir e buscar posibilidades:

  • Fixádevos na cantidade de variedade que aparecen e, só no que é Categorías básicas... que logo hai outras: populares, destacados, recentes...

  • Por exemplo: se queremos engadir unha barra de vídeo non temos máis que establecer un criterio de selección e de búsqueda e, engadir. Automaticamente apareceranos onde o definamos.

  • Cando queiramos engadir algún elemento co seu código en html, previamente copiado, debemos ir ó gadget chamado HTML/JavaScript, Engadir e Guardar:

  • Se queremos engadir unha imaxe, pois ir ó que pon Imagen, Engadir e Guardar: Incluso temos a posibilidade de establecer un enlace.

  • Outro dos recursos é a de incorporar unha inquisa:

  • Cando vexamos, nalgún blog alleo, algún gadget que incorpore algún obxecto -reloxo, contador, almanaque, puzzle...- que nos guste... non temos máis que seguirlle a pista, cliqueando enriba e seguindo as instruccións que nos vaian pedindo.

Como práctica... ¿que vos parece seguir a pista dos gadgets que incorpora este blog: reloxo, almanaque, contador de visitas... para telos nos vosos blogs? ¡Animádevos! E se atopades outros blogs, facede o mesmo...

0 comentarios:

Publicar un comentario