25/2/09

16º PASO: PUBLICANDO EN SLIDESHARE

16ª PRÁCTICA

Trátase dunha ferramenta gratuíta onde calquera pode enviar presentacións Powerpoint ou Openoffice que, logo de mandalas, quedan almacendas en formato Flash para ser visualizadas online. Serve para compartir presentacións en rede ou incrustalas nos nosos blogs. Segue a mesma filosofía que Youtube inda que, en lugar de compartir vídeos, comparte os formatos mencionados con anterioridade.

Para realiza-la publicación temos que seguir os pasos indicados:

  • Seleccionar presentación que queremos publicar:

  • Definir características, opcións... e, publicar:

  • Se nos avisa de que xa está:

  • Comprobamos que así é dámoslle doble clic:

  • Aparecen diversas opcións. Agora nos interesa copiar o embed para poder incrusta-lo no blog:

  • Levamos o embed ó noso blog e xa está rematado.

Por si non quedou clariño vai un titorial explicativo:

Agora intentade realiza-la correspondente práctica.

24/2/09

15º PASO: CUESTIÓN DE SEGURIDADE

15ª PRÁCTICA

Faremos unha copia de seguridade da plantilla do noso blog por si, por algunha razón, se perdera a que temos.

Realizaríamos o seguinte proceso:

  • Dende Escritorio, imos a Diseño e, a continuación, a Edición HTML:


  • Dámoslle a Descargar plantilla completa:


  • Ábresenos esta ventá. Eleximos Guardar:


  • Poñemos nome ó arquivo, escollemos lugar onde gardar e aceptamos:

  • Se nos avisa de que o arquivo está descargado. Clic en Cerrar:



  • Se o fixemos correctamente, o arquivo de seguridade da nosa plantilla do blog aparecerá onde eleximos:

  • Si tiveramos algún problema co blog, recurriríamos a repoñelo con esta copia de seguridade. Non teríamos máis que ir a Diseño, Edición de HTML, Examinar... e subila.

Animádevos a facer unha copia de seguridade por se acaso.

15/2/09

14º PASO: JCLIC

14ª PRÁCTICA
Trataremos de incrustar unha actividade interactiva como é JCLIC. Precisamos utilizar a etiqueta HTML correspondente que nos permitirá introducir un arquivo HTML noutro con forma de marco, denominado iframe. O arquivo que ten o exercicio interactivo gardarase noutro servidor web, incrustándose enlazado no artigo que imos publicar, dando a impresión de que non parece de fóra.
A aplicación coa que se elabora unha actividade de JClic crea un arquivo HTML cun código moi complexo que impide a posibilidade de incrustala sen enlazala coa etiqueta iframe. Para incluir actividades e exercicios interactivos temos que contar cun servidor externo onde gardar estes arquivos HTML.
Imos ver cómo incorporamos unha actividade de JClic:
  • Temos que buscar Jclic:
  • Facemos clic en Búsqueda:


  • Establecemos un criterio de búsqueda, en función das opcións dispoñibles:



  • Aparece esta pantalla. Eleximos, na parte inferior, Verlo (Applet):

  • Ábrese unha ventá emerxente. Fixámonos e copiamos a dirección que figura na parte superior:

  • Metemos esa dirección URL na etiqueta iframe, do seguinte xeito:

As cifras que están en roxo pódense modificar para que se axeiten a nosa plantilla de blogger.
  • E, agora, copiamos todo -etiqueta con dirección incrustada- e pegamos na entrada en HTML. Logo comprobamos que funciona.
MOI IMPORTANTE:

Non se pode separar a liña que contén a ruta completa do arquivo, por moi longa que sexa. Temos que ter instalado no ordenador o programa Java para poder ver a actividade.

9/2/09

13º PASO: SUBINDO ARQUIVOS

13ª PRÁCTICA

Cando queremos subir ou directamente crear algún arquivo -word ou similar, power point, folla de cálculo...- podemos acudir a GOOGLE DOCS.

Os pasos que temos que seguir son:

  • Entrar en Mi cuenta en google e clicar en Docs. De non ter habilitada esta opción, habería que facelo:

  • Observamos que se abre unha ventá que amosa as posibilidades e opcións para elexir:

  • Neste caso, queremos subir do noso equipo, un arquivo word. Seguimos o proceso marcado a continuación:

  • Logo, dámoslle a examinar:

  • Doble clic ó arquivo seleccionado:

  • Logo, asinamos nome e subir archivo:

  • Sube o documento:
  • Dámoslle a Compartir e logo, a Publicar en red:
  • Ábrese a ventá seguinte con dúas opcións. Neste caso, eleximos a primeira: Publicar documento.

  • Nos proporciona unha dirección que copiamos para pegar logo. Tamén poderíamos publicar directamente no blog:

  • Volvemos a Google docs e comprobamos que está o documento:

  • Só nos quedaría levar a dirección que copiamos antes á entrada que queremos publicar no blog a través dun enlace.

Por si está algo confuso o tema, aquí queda unha titorial -pillado na rede- sobre o tema. O da conta xa está, por suposto. Pero o resto interesa.

Pois agora, a intentar face-la práctica correspondente. Se hai problemas... avisade.

8/2/09

12º PASO: "XOGANDO CO SON"

12º PRÁCTICA
Agora toca de xogar co son. Trataremos de incorporar algunha canción ou un pequeno fragmento auditivo no noso blog, como proba, como experiencia, como pequeno contacto co son e como efecto especial...
Traballamos cunha ferramenta sinxela: goear:

  • Entramos na súa páxina e rexistrámonos, seguindo os pasos indicados:

Observamos como vai cambiando o menú. Establecemos búsqueda.

  • Podemos definir canción ou artista e dámoslle a buscar:
  • Facemos clic na que nos interesa e copiamos código:


  • Levamos o código copiado ó noso blog, lembrando que, si eleximos publicar nunha entrada temos que pegalo en edición Html e, si eleximos gadget o mesmo. Así nos quedaría:


Agora, traballaremos con outra ferramenta que está indicada para incorporar son a textos, para empregar a conveniencia: sonowebs.

  • Entramos na súa páxina e seguimos os pasos indicados:



Eleximos blogger e xeneramos audio.

  • Escribímo-lo texto que queremos transformar en audio e obtemos o seu código:

  • Tras copia-lo código, incorporámolo ó nosos blog e publicamos. Pode ser nunha entrada ou nun gadget:

Tratade de face-la práctica. Aporta variedade de recursos.

1/2/09

11º PASO: "GADGETEANDO MÁIS"

11ª PRÁCTICA
Trataremos de ir explorando novas opcións que ofrecen os gadgets, á vontade, necesidade ou gusto de cada quen...
  • Vimos algunhas posibilidades de engadir informacións ó noso blog mediante o uso dos gadgets que conforman o menú lateral. Lembrar que hai plantillas que traen incorporados xa algún deles. Temos que ir a Diseño.
  • Existen moitos gadgets. Non tendes máis que abrir e buscar posibilidades:

  • Fixádevos na cantidade de variedade que aparecen e, só no que é Categorías básicas... que logo hai outras: populares, destacados, recentes...

  • Por exemplo: se queremos engadir unha barra de vídeo non temos máis que establecer un criterio de selección e de búsqueda e, engadir. Automaticamente apareceranos onde o definamos.

  • Cando queiramos engadir algún elemento co seu código en html, previamente copiado, debemos ir ó gadget chamado HTML/JavaScript, Engadir e Guardar:

  • Se queremos engadir unha imaxe, pois ir ó que pon Imagen, Engadir e Guardar: Incluso temos a posibilidade de establecer un enlace.

  • Outro dos recursos é a de incorporar unha inquisa:

  • Cando vexamos, nalgún blog alleo, algún gadget que incorpore algún obxecto -reloxo, contador, almanaque, puzzle...- que nos guste... non temos máis que seguirlle a pista, cliqueando enriba e seguindo as instruccións que nos vaian pedindo.

Como práctica... ¿que vos parece seguir a pista dos gadgets que incorpora este blog: reloxo, almanaque, contador de visitas... para telos nos vosos blogs? ¡Animádevos! E se atopades outros blogs, facede o mesmo...