15/1/09

2º PASO: ACCEDER Ó BLOG

2ª PRÁCTICA

¿Como poder acceder, de novo, ó noso blog?

Hai dúas formas:

  • Ir á páxina principal de Blogger e cumprimentar o formulario indicando o nome de usuari@ ou a dirección completa da conta de correo coa que rexistramos o blog. Logo, facemos clic en Acceder e levarános o Panel do blog.

  • Escribindo a dirección completa do blog.

Ex.: http://siacompetenciadixital.blogspot.com.

Aparecen enlaces na parte superior do blog. Facemos clic en Acceder e chegamos á páxina principal de Blogger para cubrir os nosos datos.


Se estamos conectad@s a Blogger no navegador -cookies- temos que facer clic no enlace Panel e entramos directamente ó noso blog.

0 comentarios:

Publicar un comentario