28/1/09

9º PASO: "SEGUIR OU SER SEGUID@"

9ª PRÁCTICA

Pois o tema vai de levar certo control, coma curiosidade sen máis, de quén pode seguir a nosa "magnífica" creación blogueira e, tamén, de cómo nós podemos seguir algún outro.

Se queremos que NOS POIDAN SEGUIR

  • Debemos engadir no Blog o Gadget correspondente: Entramos en Escritorio, logo Diseño e, no menú lateral, buscamos Gadget.


Hai plantillas que xa o traen incorporado coma predeterminado.

  • Ábrese esta ventá:

Dámoslle clic para engadir.

  • Aparece esta imaxe:


Podemos Cambia-lo nome se queremos e despois Gardamos.

  • Como se observa aparece o novo Gadget de Seguidores posibles do noso blog incorporado no menú lateral.


Se queremos SEGUIR un BLOG

  • Buscamos o Gadget no blog que queremos seguir e picamos en Seguir o blog:

  • Se abre esta ventá:


  • Completamos os datos que nos piden e clic a Acceder:


  • Aparece o seguinte:


1. Podemos optar por seguir publicamente ou de modo anónimo o blog.
2. En Editar imaxe temos a posibilidade de subir unha imaxe que nos guste.
3. Dámoslle a Aceptar.
  • Se nos confirma que xa somos seguidor@s do blog.


  • E aparecemos como seguidor@s no blog.

Dende o noso blog, temos acceso ó control de quén nos está a seguir, dende Escritorio.

Podemos controlar e administrar quén nos sigue e informarnos de outras posibilidades e funcións.

Tamén aparece unha Lista de Lectura dos blogs que seguimos -como un acceso rápido- e recibimos información inmediata das entradas que van publicando:

Como práctica, imos a engadir o Gadget de "Seguir o nosos blog" e tamén, poñernos de seguidores de cada un dos blogs do grupo.

0 comentarios:

Publicar un comentario