25/1/09

8º PASO: IMAXES e PRESENTACIÓNS

8ª PRÁCTICA

Existe gran variedade de recursos para traballar con imaxes. Serven para buscar, subir, baixar, modificar, almacenar imaxes, creara álbumes on line, compartir fotos...
  • Os máis empregados son:

Nos dous hai que rexistrarse como usuari@. No caso do segundo hai que utiliza-la conta de google que xa temos. Imos seguindo o que nos piden e xa podemos crear os nosos propios álbumes ou galerías.

Exemplo: Observa o que ocurre si pinchas en Flickr. Escribe, como criterio de búsqueda a palabra océano. Pincha enriba dalgunha das imaxes que aparecen. Despois, na parte dereita, aparece a posibilidade de ver en modo presentación (galerías: icono parecido a unha pantalliña). Pincha ahí e verás que "guai".

  • Logo hai moitos máis "xestores de imaxes" e, nalgúns casos, incluso non hai que rexistrarse inda que si se fai é máis ventaxoso. Algúns son editores on line, outros teñen fotos de calquera lugar do mundo... multiplicidade de posibilidades... hai que experimentar con eles...


Como práctica, tratade de entrar en slide -pincha no seu enlace- e crear un álbum para subir ó blog. Non é complicado, só hai que seguir as pautas que nos van indicando para subir as imaxes ó blog.

MOI IMPORTANTE: Previamente seleccionamos e gardamos no noso ordenador as imaxes que queremos subir ó blog.
  • Entramos en Slide e cliqueamos:



  • Logo subimos as fotos que temos gardadas no noso ordenador e, a continuación, personalizamos o formato que lle imos dar o noso álbum. Seguimos os pasos que nos van marcando:

  • Por último, copiamos o código e pegámolo na nosa entrada do blog, en vista html:

0 comentarios:

Publicar un comentario