20/1/09

5º PASO: PUBLICAMOS A 1ª ENTRADA

5ª PRÁCTICA

A nosa primeira entrada con imaxe.

  • Entramos no Panel de administración ou Escritorio e imos a Nueva entrada:

  • Seguimos os pasos indicados na imaxe que sigue:

Poñer título e decidir nome da etiqueta.

  • Imos meter no artigo unha imaxe, para completa-la práctica. Subimos unha imaxe, que previamente temos arquivada no ordenador. Tamén se pode subir de internet, pero -para non liarnos- mellor tela xa preparada:

  • Se nos vai abrir esta ventá:

IMPORTANTE: A primeira vez que intentamos subir unha imaxe aparecerá un cadriño, na parte inferior, pedíndonos que aceptemos as condicións determinadas de blogger. Dámoslle a aceptar e continuamos o proceso.

Seleccionamos deseño que imos aplicar, tamaño e damos a examinar para buscar a imaxe.

  • Unha vez seleccionada, doble clic na imaxe:

  • E dámoslle a Subir imagen:

  • Agora, botón de Finalizar:

  • Escribimos o texto, en vista previa:

Ó rematar, temos dúas opcións: publicar no momento ou guardar como borrador, se non queremos facelo de inmediato. Esta última opción, en ocasións, modifica lixeiramente o que gardamos cando volvemos a abrilo. Non sei a qué se debe.
  • Podemos comprobar en Editar entradas, que xa está rexistrada a publicación.



  • E vemos como quedou no blog. Xa temos a nosa primeira entrada... e, ademáis... con imaxe...

0 comentarios:

Publicar un comentario