16/1/09

3º PASO: DESEÑO

3ª PRÁCTICA

Modificaremos o aspecto da plantilla predeterminada.

  • Accedemos e blog, imos á zona de administración, entramos no Panel de Control ou Escritorio e facemos clic en Deseño:

  • Se nos abre esta ventá:

Aparecen varias opcións: Elementos da páxina, Fontes e cores, Html, Plantilla...
  • Quedamos en Elementos da páxina e imos a Barra de navegación:

Facemos clic en Editar e se nos abren varias opcións de configuración da mesma. Marcamos a que máis nos guste para combinar co blog.

  • Agora imos a outro Elemento da páxina, Cabeceira:


Facemos clic en Editar e se nos abre unha ventá para configurar a mesma: añadimos descrición e, si se quere ou pode, unha imaxe. ¡Vaia! A gusto de cada quen...

  • Xa podemos ir a outra pestana: Fontes e cores:



Desplégansenos unha gran variedade de opcións que exploramos ata atopar a combinación que resulte máis idónea... para todo o blog: fondos, letras, tamaños, cores...
  • Por ollar, que non se diga, pasamos á pestana de Html e observamos a codificación na que se desenvolve isto da programación... Que non cunda o pánico... non nos asustemos, non hai que sabela... Pouco a pouco -cando levemos algún tempo máis e collamos o gusto- seremos capaces de entender algunha cousiña -ou non- e decatarnos de que é o camiño máis curto para sacarnos dalgún problemiña... ¡ás veces!

  • Por último -e como máis divertido- imos a Selección de Plantilla. Observamos os cambios que se producen no blog.

Marcamos a opción que máis nos convenza e... descansamos.

0 comentarios:

Publicar un comentario