30/1/09

10º PASO: "ENLAZANDO"

10ª PRÁCTICA

Imos facer enlaces -accesos a sites web- dentro das entradas, dende unha imaxe ou unha palabra.
O procedemento é sinxelo:
  • No área de Edición de entrada, seleccionamos a imaxe que nos vai a servir de enlace: A continuación dámoslle ó icono de hipervínculo, engadimos a dirección, aceptamos e publicamos:

  • Seguimos o mesmo proceso cando queiramos enlazar unha palabra:

28/1/09

9º PASO: "SEGUIR OU SER SEGUID@"

9ª PRÁCTICA

Pois o tema vai de levar certo control, coma curiosidade sen máis, de quén pode seguir a nosa "magnífica" creación blogueira e, tamén, de cómo nós podemos seguir algún outro.

Se queremos que NOS POIDAN SEGUIR

  • Debemos engadir no Blog o Gadget correspondente: Entramos en Escritorio, logo Diseño e, no menú lateral, buscamos Gadget.


Hai plantillas que xa o traen incorporado coma predeterminado.

  • Ábrese esta ventá:

Dámoslle clic para engadir.

  • Aparece esta imaxe:


Podemos Cambia-lo nome se queremos e despois Gardamos.

  • Como se observa aparece o novo Gadget de Seguidores posibles do noso blog incorporado no menú lateral.


Se queremos SEGUIR un BLOG

  • Buscamos o Gadget no blog que queremos seguir e picamos en Seguir o blog:

  • Se abre esta ventá:


  • Completamos os datos que nos piden e clic a Acceder:


  • Aparece o seguinte:


1. Podemos optar por seguir publicamente ou de modo anónimo o blog.
2. En Editar imaxe temos a posibilidade de subir unha imaxe que nos guste.
3. Dámoslle a Aceptar.
  • Se nos confirma que xa somos seguidor@s do blog.


  • E aparecemos como seguidor@s no blog.

Dende o noso blog, temos acceso ó control de quén nos está a seguir, dende Escritorio.

Podemos controlar e administrar quén nos sigue e informarnos de outras posibilidades e funcións.

Tamén aparece unha Lista de Lectura dos blogs que seguimos -como un acceso rápido- e recibimos información inmediata das entradas que van publicando:

Como práctica, imos a engadir o Gadget de "Seguir o nosos blog" e tamén, poñernos de seguidores de cada un dos blogs do grupo.

25/1/09

8º PASO: IMAXES e PRESENTACIÓNS

8ª PRÁCTICA

Existe gran variedade de recursos para traballar con imaxes. Serven para buscar, subir, baixar, modificar, almacenar imaxes, creara álbumes on line, compartir fotos...
  • Os máis empregados son:

Nos dous hai que rexistrarse como usuari@. No caso do segundo hai que utiliza-la conta de google que xa temos. Imos seguindo o que nos piden e xa podemos crear os nosos propios álbumes ou galerías.

Exemplo: Observa o que ocurre si pinchas en Flickr. Escribe, como criterio de búsqueda a palabra océano. Pincha enriba dalgunha das imaxes que aparecen. Despois, na parte dereita, aparece a posibilidade de ver en modo presentación (galerías: icono parecido a unha pantalliña). Pincha ahí e verás que "guai".

  • Logo hai moitos máis "xestores de imaxes" e, nalgúns casos, incluso non hai que rexistrarse inda que si se fai é máis ventaxoso. Algúns son editores on line, outros teñen fotos de calquera lugar do mundo... multiplicidade de posibilidades... hai que experimentar con eles...


Como práctica, tratade de entrar en slide -pincha no seu enlace- e crear un álbum para subir ó blog. Non é complicado, só hai que seguir as pautas que nos van indicando para subir as imaxes ó blog.

MOI IMPORTANTE: Previamente seleccionamos e gardamos no noso ordenador as imaxes que queremos subir ó blog.
  • Entramos en Slide e cliqueamos:



  • Logo subimos as fotos que temos gardadas no noso ordenador e, a continuación, personalizamos o formato que lle imos dar o noso álbum. Seguimos os pasos que nos van marcando:

  • Por último, copiamos o código e pegámolo na nosa entrada do blog, en vista html:

24/1/09

7º PASO: O BLOGROLL

7ª PRÁCTICA

Un BLOGROLL é un listado de direccións dos blogs que, por algunha razón, queremos seleccionar para ter un acceso inmediato dende o noso blog.
Como práctica, temos que confeccionar un Blogroll coas direccións dos blogs de cada compoñente do grupo, do do grupo de traballo e do da web do cole.
Sería así:
  • Entramos en Diseño:

  • Imos a Elementos de página e escollemos Añadir un gadget:

  • Ábresenos unha ventá emerxente. Eleximos Lista de blogs e facemos clic no icono da cruz:

  • Chegamos a outra ventá na que podemos modifica-lo título, escoller opcións de Mostrar e, finalmente, Agregar un blog a tu lista:

  • Poñemo-la dirección url do blog que imos a engadir e dámoslle a Añadir:

  • Agora, para que apareza no noso blog un pouquiño máis "guapo", dámoslle na opción Cambiar el nombre:

  • Poñemos o nome que nos guste e clic a Guardar:

  • Observamos que xa aparece co nome novo. Facemos clic en Guardar:

E así, seguimos engadindo outras direccións de blogs, unha a unha coa mesma secuenciación.

  • Finalmente, volvemos a Guardar en Elementos de página:

  • E, comprobamos cómo quedaría no noso blog:

Pois agora, imos a engadir no noso Blogroll, cada unha das seguintes direccións do noso grupo de traballo, exceptuando a do noso propio blog, claro está:

BLOG do Cole: http://www.centros.edu.xunta.es/ceipderoxos
BLOG de MariCruz: http://www.preschoolroxos.blogspot.com/

BLOG de Elisa: http://www.elisa-mazaricos.blogspot.com/
BLOG de Rosario: http://www.unnovoreto.blogspot.com/


BLOG de Pedro: http://www.arceaanil.blogspot.com/
BLOG de Ángeles: http://www.primeirospasosvirtuais.blogspot.com/


BLOG do GRUPO: http://www.siacompetenciadixital.blogspot.com/
BLOG de ChusEnglish: http://www.roxosscrapbook.blogspot.com/


BLOG de MariChús: http://www.asnosasandainas.blogspot.com/
BLOG de Jere: http://www.olapisdementa.blogspot.com/

BLOG de Ermitas: http://www.asnovastecnoloxias.blogspot.com/

BLOG de ChusReli: http://www.chus-paciencia.blogspot.com/

23/1/09

6º PASO: "VIDEANDO"

6ª PRÁCTICA

Se queremos introducir un vídeo no blog necesitamos conseguir un código ou embed dende outro sitio web ou dende o mesmo servicio de aloxamento de vídeos.

Dispoñemos de varios lugares ós que ir. Os máis populares son:


Niste caso, faremo-la práctica dende o primeiro enlace. Os pasos serían como seguen:
  • Primeiro pinchamos en you tube e accedemos a súa páxina. Logo reducimos a búsqueda a vídeos:

  • Fixámonos no espacio en blanco e poñemos a palabra ou palabras que teñan relación co que buscamos e... clic:

  • Observamos as zonas remarcadas:

1. Botón das opcións de personalización do formato: tamaño e cor.

2. Pinchamos o que desexamos.

3. Copiamos código e anotámolo para non perder (fainos falta despois).

  • Imos a Crear entrada e seleccionamos a opción Edición de HTML:

  • Pegamos o código que tiñamos copiado e... a Publicar entrada:

    Por suposto, podemos incluir algún comentario sobre o mesmo.
  • Vemos a nosa publicación... "molona", eh?

20/1/09

5º PASO: PUBLICAMOS A 1ª ENTRADA

5ª PRÁCTICA

A nosa primeira entrada con imaxe.

  • Entramos no Panel de administración ou Escritorio e imos a Nueva entrada:

  • Seguimos os pasos indicados na imaxe que sigue:

Poñer título e decidir nome da etiqueta.

  • Imos meter no artigo unha imaxe, para completa-la práctica. Subimos unha imaxe, que previamente temos arquivada no ordenador. Tamén se pode subir de internet, pero -para non liarnos- mellor tela xa preparada:

  • Se nos vai abrir esta ventá:

IMPORTANTE: A primeira vez que intentamos subir unha imaxe aparecerá un cadriño, na parte inferior, pedíndonos que aceptemos as condicións determinadas de blogger. Dámoslle a aceptar e continuamos o proceso.

Seleccionamos deseño que imos aplicar, tamaño e damos a examinar para buscar a imaxe.

  • Unha vez seleccionada, doble clic na imaxe:

  • E dámoslle a Subir imagen:

  • Agora, botón de Finalizar:

  • Escribimos o texto, en vista previa:

Ó rematar, temos dúas opcións: publicar no momento ou guardar como borrador, se non queremos facelo de inmediato. Esta última opción, en ocasións, modifica lixeiramente o que gardamos cando volvemos a abrilo. Non sei a qué se debe.
  • Podemos comprobar en Editar entradas, que xa está rexistrada a publicación.



  • E vemos como quedou no blog. Xa temos a nosa primeira entrada... e, ademáis... con imaxe...