30/12/08

TODO É MOI DIFÍCIL ANTES DE SER FÁCIL

Pois volvemos a recoller esta frase de Fuller para animarnos no constante camiño da aprendizaxe. Por suposto, tendo presente, que cada aventura, cada experiencia, cada percorrido... débese medir en termos cualitativos máis que cuantitativos. Non plantexamos metas concretas, só rutas gratificantes... ou iso esperamos.

E nesas estamos... intentando descubrir posibilidades de comunicación, de información, de inquedanza compartida, de acceso a coñecementos... de apertura á comunidade explorando as novas tecnoloxías.

E, coma exemplo ilustrativo da dificultade dos comezos, iste video que pillamos navegando pola páxina de cursos on-line do CEFORE de Santiago:

  • Sobre "novas tecnoloxías"

0 comentarios:

Publicar un comentario