31/12/08

¿QUE É A WEB 2.0?

  • A Web 2.0

Para ir manexando conceptos, imos comezar por intentar aproximarnos ó que é a WEB 2.0 ou WEB SOCIAL. Trátase dun termo que designa a unha nova xeración de servicios web que teñen como principios fundamentais:

  1. ARQUITECTURA DA PARTICIPACIÓN que facilita a publicación na web a través da construcción de sitios web (imaxes, materiais multimedia...) cunha participación activa de usuari@s que producen unha comunicación en doble dirección.

  2. INTELIXENCIA COLECTIVA: Sumas de coñecementos de cada usuari@ que se comparten convertíndose nunha gran obra colectiva que beneficia a todo o mundo.

  3. GRAN POTENCIAL EDUCATIVO: Metodoloxía comunicativa e constructivista con ferramentas para elabora-los propios coñocementos por parte d@s estudiantes. Aprendizaxe continuado durante toda a vida (ensino a distancia, e-learning...).

A diferencia coa WEB 1.0 radica na xestión da información. Mentras que na WEB 1.0 son @s informadores quenes dispoñen da información para @s usuari@s (ex. Portal educativo), na WEB 2.0 son @s propi@s usuari@s quenes a xeneran (ex. Wikipedia).

  • Web 1.0 versus Web 2.0

Todo isto supón unha auténtica revolución social, unha nova forma de entender internet, unha organización da información contrastada e máis democrática, un acceso ós contidos de maneira activa e participativa... que se aplica a empresas, periodismo, edición, educación...

Animádevos a bucear, para ir familiarizándonos, no mapa conceptual que sigue:

Formato PDF (para imprimir)

0 comentarios:

Publicar un comentario