31/12/08

FERRAMENTAS DE PUBLICACIÓN

Constitúen o, que se da en chamar SOFWARE SOCIAL: un conxunto de aplicacións coas que @s usuari@s se relacionan entre sí permitindo organizar, compartir... coñecementos e valorar contidos.

-Os MEDIOS máis coñecidos e empregados son:

Páxinas web estáticas
Blogs ou bitácoras dinámicas
Foros
Wikis
Mensaxería instantánea
Ferramentas de colaboración, marcadores sociais...

Chámanse xestores de contidos (CMS en inglés) e, de todos eles, os que destacan pola súa rapidez e facilidade son os BLOGS xa que supoñen unha revolución creativa na sociedade: proporcionando un auténtico impulso dende a sociedade, a relación entre iguais, a participación nos coñecementose e, por suposto, unha apertura á comunicación sen fronteiras.

-As FERRAMENTAS dispoñibles son moitas. Nos centraremos nas máis funcionais que teñan que ver co mundo dos blogs: os servicios gratuitos de Google, almacenamento e tratamento de imaxes, almacenamento de son, tratamento de arquivos multimedia...

Imos a unha presentación -de Pedro Cuesta- dos mesmos:

  • Ferramentas da Web 2.0

0 comentarios:

Publicar un comentario