La oscura era digital from Gonzalo Díaz Cruz on Vimeo.
13/06/09
"La oscura era digital"
09/04/09
TITORIAL SOBRE PDI
29/03/09
20º PASO: AGREGADORES DE NOTICIAS
Os agregadores máis populares -que funcionan como aplicacións- son:
Nós, ímonos centrar en Google Reader. Primeiro, debemos ter preparado un listado de direccións URL. Logo, seguimos o proceso que vai a continuación.
- Accedemos a esta prestación desde Mi cuenta de Google:
Se non temos habilitada esta opción facémolo.
- Como imos a incorporar sitios, dámoslle a Añadir una suscripción:
- Observamos a práctica que figura a continuación. Supoñamos que quero subscribirme ó blog de Punset:
- Como xa dispoño da suá dirección, a engado deste xeito:
- Unha vez que está engadida, aparecen no panel os últimos artigos publicados:
- Hai moitas opcións de configuración. Unha delas é a de decidir a orden de aparición, en Configuración de feed:
- E máis posibilidades. Entre elas a de incorporar as novas subscricións a carpetas.
- Se imos a unha opción que figura na parte inferior esquerda (aquí non saiu na imaxe) que pon Administrar suscripciones chegaríamos a esta imaxe:
- Poderíamos poñer orden: cambiar nomes de carpetas, crear, borrar...
- Outras opcións serían a de relizar un listado de enlaces ou a de facer un clip con enlaces ós artigo que se queiran recomendar dun grupo ou carpeta para o noso blog. Faremos este último: un clip con enlaces. Seguimos estes pasos:
- En Administrar suscripciones, eleximos a carpeta que queremos seleccionar e facémola pública:
- Dámoslle a Añadir clip a tu sitio:
- Seleccionamos opcións:
- Cando teñamos a apariencia que nos guste, copiamos o código para levar o blog e pegar nun gadget html.
22/03/09
19º PASO: FLICKR
- Para comezar, debemos crear unha conta de correo en Yahoo -se non a temos- e cubrir os formularios correspondentes:
- Elixes a opción de Subir fotos:
- Subimos as fotos e se inicia o proceso de cargado ata que se nos avisa de que finalizou:
- Aparcen as imaxes. Hai a posibilidade de describir, etiquetar, comentar... crear álbum...:
Dámoslle a Guardar.
- Imos á nosa Galería e, pulsando en algunha das imaxes comprobamos que podemos navegar por todas dende o menú da barra lateral.:
- Agora o que nos interesa é ir a Organizar:
- As imaxes xa están colgadas na rede. Para volver a vista normal pulsamos en Tu galería:
- Como queremos publicalas no blog, localizamos -na parte inferior- unha opción que di Herramientas e facemos clic:
- Aparece esta ventá e buscamos ¿Dónde está el módulo?:
- Só nos queda segui-los 4 pasos para conseguir o código, en función da opción que escollamos:
- Por último, copiaríamos o código e o levaríamos o gadget HTML correspondente no noso blog.
Intentade realiza-la práctica correspondente. Lembrade traer fotos para subir.
21/03/09
18º PASO: PICASSA
18ª PRÁCTICA
Imos coñecer posibilidades e funcionamento de Picassa Web Álbum, un aloxador de imaxes. Serve para compartir, etiquetar e comentar fotos. E incluso edita-las vía Web.
- Para ter o nosos espacio en Picassa debemos ingresar coa nosa conta de Gmail. Pica na seguinte imaxe:
Picassa dispón de dous productos: xestor de imaxes que se tería que descargar no noso ordenador (onde pon Descargar Picassa) e que nos axudaría a organizar, editar e compartir fotos e, a outra opción -na que imos traballar- que é Picassa Web Álbum.
- Aparecería unha imaxe similar. Picamos en Subir:
- Neste caso, como imos crear un álbum novo, facemos clic en Crea uno nuevo.
- Se nos abre esta ventá para completar os datos que queremos, as distintas opcións. Seleccionamos e Continuar:
- Dámoslle a Añadir fotos:
- Unha vez que suben xa nos aparece o álbum creado coas opcións elexidas con anterioridade:
- Poderíamos elexir unha determinada imaxe como tapa ou decidir outras opcións:
- Picamos na opción de Enlazar a este álbum:
- Eleximos unha opción, dámoslle a Copiar e levamos o código Html ó noso blog para publicar:
- Se nos decidimos por Embed Slide saldría unha presentación en movemento:
14/03/09
17º PASO: MÁIS FERRAMENTAS
17ª PRÁCTICA
- Para manexo de documentos:
- Para xogar con imaxes ou efectos:
Como práctica, podemos intentar traballar con algunha destas ferramentas de publicación.




